Lupe Blanco Vive+

VIVE+ | Memoria, palabra e tradición

A Biblioteca de Coristanco contará coa presenza de Lupe Blanco, referente na dinamización da tradición oral e cultural, para desenvolver dúas sesións únicas dentro do programa Vive+

📌6 de maio · 10:00 h

Regueifa e estimulación cognitiva

Da man de Lupe Blanco, a tradición oral convértese nunha ferramenta para traballar a memoria, a improvisación e a axilidade verbal, nunha sesión dinámica e participativa.

📌13 de maio · 10:00 h

Baile tradicional e memoria corporal

Un encontro para activar recordos a través do movemento, recuperando os bailes de sempre e conectando corpo, mente e emoción.

Dúas propostas dirixidas por Lupe Blanco, que combinan coñecemento, participación e posta en valor do noso patrimonio cultural.

📍 Biblioteca Municipal de Coristanco

📞 Máis información: 981 733 280