
Hai días que non son un día máis… e este mércores en VIVE+ vai ser un deles.
Un encontro para vivir, para sentir e para compartir tradición, memoria e alegría.
10:00 h | Especial de regueifa coa gran Lupe Blanco
A palabra toma vida a través da improvisación, da memoria e da nosa lingua, nunha sesión que nos fará rir, pensar e participar.
12:00 h | Estrea do Recuncho Gourmet VIVE+
Da man de Silvana, da Parrillada Montevideo, descubriremos o valor da experiencia e o saber facer de quen leva toda unha vida entre fogóns. Cociñaremos, aprenderemos… e compartiremos mesa.
Actuación das Pandereteiras de Ponte Vella
A música tradicional será o fío que nos una, enchendo o espazo de ritmo, emoción e ganas de celebrar.
