VIVE+| Actividades previstas para este mércores dentro do programa VIVE+

 

VIVE+| Actividades previstas para este mércores dentro do programa VIVE+:

💃 Activación corporal a través do baile
⏰ 10:00 h
Sesión de exercicio físico aeróbico moderado, baseada no movemento rítmico e na coordinación. Trabállanse a resistencia cardiovascular, o equilibrio dinámico, a mobilidade articular e a coordinación neuromuscular, contribuíndo á prevención de caídas e á mellora da capacidade funcional no día a día.

😂Risoterapia: Benestar emocional e dinamización a través da risa
⏰ 11:30 h
Sesión orientada á estimulación do benestar psicoemocional, mediante técnicas de risoterapia e dinámicas grupais. Abórdanse a xestión emocional, a expresión afectiva, a redución do estrés e o reforzo das habilidades sociais, favorecendo a cohesión grupal e a percepción positiva do estado de ánimo.

Agardámosvos para seguir traballando de forma integral o benestar físico e emocional en VIVE+!