
DIXITALIZACIÓN | Hoxe finaliza o 2º grupo do Obradoiro “Protexe o teu mundo dixital”, unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Coristanco da man da Fundación Cibervoluntarios.
Ao longo destas sesións, as persoas participantes adquiriron coñecementos clave para desenvolverse con maior seguridade no entorno dixital:
✔️ Detección de fraudes e enganos en internet
✔️ Protección de datos persoais
✔️ Creación de contrasinais seguras
✔️ Uso responsable e consciente do móbil
Un grupo moi implicado, con ganas de aprender e de seguir avanzando no mundo dixital, demostrando que nunca é tarde para adquirir novas competencias.
