O Eco das Pedras

BIBLIOTECA MUNICIPAL | “O ECO DAS PEDRAS”

  “O ECO DAS PEDRAS” chega á Biblioteca Municipal de Coristanco. Este vindeiro venres, convidámosvos a un espectáculo no que, a través das narracións, obxectos e proxeccións, achegarémonos ao noso patrimonio e mitoloxía galega. 👉 Venres, 31 de outubro ás 11:30h 👉 Biblioteca Municipal de Coristanco 👉 Actividade dirixida a público familiar e a nenas e nenos a partir de 5 anos. Un espectáculo que…

25N 2025 Cartel

IGUALDADE | “NIN UNHA CADEIRA MÁIS BALEIRA” – CAMPAÑA 25N CORISTANCO

  A violencia deixa ocos, baleiros que xa non se poden encher: vidas rotas, familias feridas, cadeiras que quedan sen ocupar. Con esta campaña queremos converter as cadeiras baleiras en símbolos de memoria e compromiso, enchendo Coristanco de cultura, esperanza e acción comunitaria. Baixo o lema “Non permitas que ninguén deteña o teu impulso”, durante todo o mes de novembro organizamos actividades educativas, artísticas e…

xermolar Programa de Conciliación

Campamento de Nadal 2025/2026 en Coristanco

  Campamento de Nadal 2025/2026 en Coristanco: “Un feitizo no bosque” O Concello de Coristanco pon en marcha unha nova edición do Campamento de Conciliación de Nadal, unha proposta chea de maxia, aventuras e aprendizaxe para nenos e nenas de 3 a 16 anos. Datas: 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro de 2025 e 2, 5 e 7 de xaneiro de 2026 Lugar:…

Axudas Escolarizacion Coristanco 25/26

AXUDAS ESCOLARIZACIÓN 2025/2026

  📚👟 AXUDAS ESCOLARIZACIÓN 2025/2026 O Concello de Coristanco aprobou a resolución das axudas á escolarización para o curso 2025-2026. Na Sede Electrónica está dispoñible o listado completo de persoas beneficiarias, así como as solicitudes denegadas. 📌 As persoas con axuda concedida deberán presentar as facturas orixinais do material escolar no prazo dun mes desde o día seguinte á publicación deste anuncio. VER RESOLUCIÓN AQUÍ 

Excursion Feira da Faba Cantabria

MAIORES – EXCURSIÓN A CANTABRIA – FEIRA DA FABA

  O Concello de Coristanco, no marco das súas políticas de dinamización sociocultural e de promoción do envellecemento activo, impulsa unha nova viaxe dirixida ao colectivo de persoas maiores de 55 anos, xubiladas ou pensionistas empadroadas no municipio. Con esta iniciativa preténdese favorecer a convivencia, reforzar os lazos sociais, crear espazos de encontro interxeracional e dar a oportunidade de coñecer novos lugares, culturas e tradicións,…