BASES XERAIS PARA A SELECCIÓN DE TRABALLADORES DENTRO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL MEDIANTE EXECUCIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS – CORUÑA PEL 2026

  BASES XERAIS PARA A SELECCIÓN DE TRABALLADORES DENTRO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL MEDIANTE EXECUCIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA (PELConcellos 2026) É obxecto destas bases regular o procedemento para a selección de traballadores desempregados, para a súa contratación en Réxime Laboral, conforme ás Bases reguladoras das axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais…

recuncho gourmet

RECUNCHO GOURMET VIVE+

  Dentro do programa municipal de envellecemento activo VIVE+, incorporamos unha nova proposta pensada para seguir creando espazos de encontro, aprendizaxe e convivencia. O Recuncho Gourmet VIVE+ será un espazo arredor da cociña onde veciños e veciñas compartirán receitas tradicionais que elaboraremos en conxunto para despois degustalas entre todos. A través desta actividade buscamos: fomentar a convivencia e o encontro social poñer en valor os…

xantar maiores 2026

FESTA RECOÑECEMENTO AOS NOSOS MAIORES

  O Concello de Coristanco organiza unha nova xornada de encontro e celebración dedicada ás persoas maiores do noso municipio, unha ocasión especial para compartir mesa, música e momentos de convivencia. Un día pensado para celebrar xuntos a vida, a experiencia e o valor das persoas que tanto contribuíron á nosa comunidade. 📅 Sábado, 18 de abril de 2026 📍 Polideportivo Municipal de Coristanco A…

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA DUNHA PRAZA DE TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL A2

  Por Decreto da Alcaldía núm. 75/2026, do 2 de febreiro, aprobáronse a convocatoria e as bases do proceso selectivo para a provisión da praza vacante de Técnico de Administración Xeral (A2) da área económica, prevista na Plantilla de persoal e na relación de postos de traballo (RPT código 2002), contemplada na oferta de emprego público do ano 2024 (BOP 10 de xuño do 2024)…

semana-santa-xermolar26

CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN SEMANA SANTA 2026 – PROGRAMA XERMOLAR

  Aberto o prazo para realizar a preinscrición no Campamento de Conciliación de SEMANA SANTA do Concello de Coristanco. Situado nunha contorna natural incomparable, rodeado de árbores e paisaxes impresionantes, o noso campamento ofrece unha experiencia educativa e divertida en plena natureza. Que ofrecemos? 🟠Actividades ao aire libre: Sendeirismo, deportes, xogos na natureza, construción de refuxios, e moito máis. 🟡Talleres creativos: Manualidades, música, e actividades…

concurso escaparates 2025

GAÑADORES CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL 2025

  O Concello de Coristanco xa ten gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal 2025, unha iniciativa coa que se quixo recoñecer o esforzo, a creatividade e a implicación do comercio local durante estas datas tan especiais.  Establecementos premiados: 🥇 1º Premio: Peluquería Patricia 🥈 2º Premio: Farmacia Brea Lorenzo 🥉 3º Premio: Farmacia Mercedes Catrain O xurado valorou especialmente a orixinalidade, a calidade artística,…