VIVE+ Encontro mércores 6 de maio

  Hai días que non son un día máis… e este mércores en VIVE+ vai ser un deles. Un encontro para vivir, para sentir e para compartir tradición, memoria e alegría. 10:00 h | Especial de regueifa coa gran Lupe Blanco A palabra toma vida a través da improvisación, da memoria e da nosa lingua, nunha sesión que nos fará rir, pensar e participar. 12:00…

Faladoiro literario con Maica Gorgal

Faladoiro literario con Maica Gorgal

  BIBLIOTECA MUNICIPAL| Faladoiro literario con Maica Gorgal. A Biblioteca Municipal de Coristanco acolle un encontro moi especial coa autora Maica Gorgal, arredor da súa obra “A Casa da Mina”, unha novela que conecta coa memoria, o territorio e as historias de vida ligadas á nosa contorna. Será un espazo de diálogo aberto, no que o público poderá coñecer de primeira man o proceso creativo…

Lupe Blanco Vive+

VIVE+ | Memoria, palabra e tradición

VIVE+ | Memoria, palabra e tradición A Biblioteca de Coristanco contará coa presenza de Lupe Blanco, referente na dinamización da tradición oral e cultural, para desenvolver dúas sesións únicas dentro do programa Vive+ 📌6 de maio · 10:00 h Regueifa e estimulación cognitiva Da man de Lupe Blanco, a tradición oral convértese nunha ferramenta para traballar a memoria, a improvisación e a axilidade verbal, nunha…

CONTACONTOS PARA BEBÉS NA BIBLIOTECA DE CORISTANCO

CONTACONTOS PARA BEBÉS NA BIBLIOTECA DE CORISTANCO

BIBLIOTECA MUNICIPAL| CONTACONTOS PARA BEBÉS NA BIBLIOTECA DE CORISTANCO. O vindeiro venres, 8 de maio de 2026, ás 17:30 horas, a Biblioteca Municipal de Coristanco acollerá unha actividade moi especial pensada para os máis pequenos da casa: un contacontos para bebés da man de Raquel Queizás. Un encontro único no que as nenas e nenos de primeira infancia poderán iniciarse no mundo da lectura a…

festa-maiores-26

FESTA DE RECOÑECEMENTO AOS NOSOS MAIORES 2026

  O Concello de Coristanco publica a listaxe definitiva de persoas admitidas para a Festa de Recoñecemento aos nosos maiores 2026. 💳 PAGAMENTO DA COTA As persoas admitidas deberán realizar o ingreso correspondente: 👉 20 € persoas empadroadas 👉 40 € persoas non empadroadas 🏦 Número de conta: ES20 2080 0071 2331 1000 0013 🗓️ Prazo de pagamento: 👉 5 días laborais a contar dende…

recuncho gourmet

RECUNCHO GOURMET VIVE+

  Dentro do programa municipal de envellecemento activo VIVE+, incorporamos unha nova proposta pensada para seguir creando espazos de encontro, aprendizaxe e convivencia. O Recuncho Gourmet VIVE+ será un espazo arredor da cociña onde veciños e veciñas compartirán receitas tradicionais que elaboraremos en conxunto para despois degustalas entre todos. A través desta actividade buscamos: fomentar a convivencia e o encontro social poñer en valor os…