Axudas Escolarizacion Coristanco 25/26

AXUDAS ESCOLARIZACIÓN 2025/2026

  📚👟 AXUDAS ESCOLARIZACIÓN 2025/2026 O Concello de Coristanco aprobou a resolución das axudas á escolarización para o curso 2025-2026. Na Sede Electrónica está dispoñible o listado completo de persoas beneficiarias, así como as solicitudes denegadas. 📌 As persoas con axuda concedida deberán presentar as facturas orixinais do material escolar no prazo dun mes desde o día seguinte á publicación deste anuncio. VER RESOLUCIÓN AQUÍ 

Comida Solidaria en Coristanco 2025

Comida Solidaria en Coristanco da Asociación Española Contra o Cancro

  XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES. Un ano máis, en Coristanco unímonos para compartir algo máis ca unha comida: compartimos forza, solidariedade e esperanza. O domingo, 26 de outubro ás 14.00 h, o Pavillón Deportivo converterase no punto de encontro de veciños/as, familias e amizades que queren aportar o seu gran de area na loita contra o cancro. Grazas ao apoio de todos e todas, cada…

Acta da fase do concurso do proceso de selección de traballador/a social e data de examen da fase de oposición

  Por Decreto de Alcaldía nº 704/2025 de data 11/08/2025 aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria do proceso de selección por concurso-oposición para cubrir unha praza de traballador/a social, funcionario/a interino/a por acumulación de tarefas para o Concello de Coristanco. Unha vez rematado o prazo para a presentación de emendas, por Decreto de Alcaldía nº 758/2025 de data 01/09/2025 apróbase a listaxe definitiva de…