ANDAINA VÍA CÉLTICA| O domingo 2 de abril puidemos coñecer xunto co coautor da obra “Via Céltica. Los Caminos de Santiago por Santa Comba”, D. Joam Evans Pim e de D. Manuel Amigo Ferreiro, Presidente da Asociación Costavales, entidade promotora da Vía Céltica, o percorrido de 12 Km dende a Pontedona a Agualada. As terras de Coristanco son lugar de paso de varios dos itinerarios que conforman a Vía Céltica de peregrinación a Santiago. O eixe central é o camiño que une Buño e Castriz, acollendo os peregrinos que inician o seu percorrido en Malpica ou Caión. Nesta vía, que percorre o termo municipal de Coristanco de norte a sur, converxen os ramais procedentes, por un lado, de Corme e Barizo e, por outro, de Laxe e Ponteceso. O camiño procedente de Corme e Barizo únese á vía procedente de Buño á altura de Ponte Dona, onde tamén comeza o propio termo municipal de Coristanco.
- Robótica creativa – 10 de Abril
- Apertura prazo para preinscribise no Campamento de Verán