Este domingo 18 de outubro tivo lugar a 1º Andaina Solidaria organizada polo Concello de Coristanco a favor da loita contra o Cancro de Mama, iniciativa que tentou unir unha actividade deportiva e saudable xunto co entorno natural e a paraxe darredor do río Anllóns.
Neste evento participou un centenar de persoas que, organizados en grupos de máximo 10 persoas, iniciaron o percorrido de forma escalonada ata completar a distancia que separa a Praza do Concello co lugar de Verdes.
Dende a organización gustaríanos agradecer a colaboración da Asociación Española contra o Cancro polo seu apoio, a presidenta da xunta local coristanquesa da AECC Mª Carmen Facal por acompañarnos en todo momento, a Carrefour Coristanco por aprovisionar aos participantes con augas e froita, a Autos Facal e Autos Fernandez por ofrecernos os seus autobuses para percorrer o camiño de volta, a Protección Civil de Coristanco pola súa axuda, aos voluntarios e a todos os participantes polo seu compromiso, solidariedade e bo facer, cumprindo en todo momento as indicacións facilitadas polos membros da organización.
Publicada por Concello de Coristanco en Martes, 20 de octubre de 2020