![](https://www.coristanco.gal/wp-content/uploads/2024/10/cancro-de-mama-1024x1024.jpg)
Coristanco locerá esta fin de semana en rosa con motivo do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama. O Concello de Coristanco súmase así ao acto en solidariedade e apoio ás mulleres que padecen esta doenza cun símbolo empregado a nivel mundial por persoas e organizacións comprometidas coa prevención desta enfermidade, e en apoio a Asociación de loita concra o cancro de Coristanco.
Convidámosvos a acompañarnos no ACTO de ACENDIDO que terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples.