Segundo informou a xerencia da Área Sanitaria A Coruña-Cee, os casos activos pola COVID no noso concello son: 78 casos (4 menos ca onte).

Recorda:

  • REUNIÓNS E DESPRAZAMENTOS só de persoas CONVIVENTES. As reunións e desprazamentos que se produzan tanto a pé como en transporte privado serán única e exclusivamente de persoas conviventes.
  • A actividade DEPORTIVA deberá realizarse sempre de xeito individual e os parques públicos deberán permanecer pechados.
  • Nos ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS, os aforos deberán ser como máximo do 50% co límite de 30 persoas para lugares pechados e de 75 se se trata de actividade comercial ao aire libre.

Non dubides en chamarnos para todo aquilo que precises.
Teléfonos de Apoio:
981 733 280
651 664 908
665 294 194

Dende o Concello de Coristanco recordamos aos veciños a importancia de seguir as directrices sinaladas polo Ministerio de Sanidade e colaborar activamente no cumprimento das medidas de prevención e hixiene. O uso de máscara en maiores de 6 anos, manter a distancia de 1.5 metros entre as persoas, o control de aforo e a renovación do aire son elementos de crucial importancia para minimizar o risco.

Apelamos a responsabilidade individual para frear os contaxios.

Recorda: se ti te protexes, protexes aos demais.
Ánimo!

Para máis información poden consultar o enlace:
https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/gl-ES/galicia