ACTUALIZACIÓN DATOS COVID-19| Hoxe, 31 de xaneiro, conforme aos datos facilitados polo Sergas, o número de casos de infección activa pola Covid-19 no noso municipio son 64 (2 menos ca onte).
Dende o Concello de Coristanco pedimos a colaboración de todos para lograr o descenso de casos activos no noso municipio.
Naqueles fogares onde haxa persoas maiores ou persoas vulnerables por afeccións médicas importantes (enfermidade cardíaca, pulmonar, renal, diabetes…) recoméndase que extremen medidas preventivas.
Teléfonos de apoio:
651.66.49.08 (8H-15H de luns a venres)
665.29.41.94