Hoxe, 30 de abril, conforme aos datos facilitados polo Sergas, o número de casos de infección activa pola Covid-19 no noso municipio son 16 (2 máis ca onte).
Queremos transmitir unha mensaxe de alento para superar a situación, manter alta a moral, gardando as máximas precaucións e apoiar a quen está sendo afectado directamente polo coronavirus. Naqueles fogares onde haxa persoas maiores ou persoas vulnerables por afeccións médicas importantes (enfermidade cardíaca, pulmonar, renal, diabetes…) recoméndase que extremen as medidas preventivas.
Teléfonos de apoio:
☎651.66.49.08 (8H-15H de luns a venres)
☎665.29.41.94
➕Sumando forzas.
Xuntos acabaremos coa propagación do Covid-19.