Hoxe, 29 de abril de 2021, o número de casos activos por coronavirus no Concello de Coristanco mantense en 14 ( igual ca onte).
Continuamos incidindo na necesidade de seguir todas as recomendacións proporcionadas:
- Lava as mans frecuentemente con auga e xabón ou emprega unha solución hidroalcohólica.
- Evita tocar os ollos, o nariz e a boca.
- Usa a máscara
- Practica unha boa hixiene respiratoria. É dicir, ao tusir ou esbirrar, tapar a boca e o nariz cun pano de papel, que inmediatamente hai que descartar nunha papeleira, ou facelo contra a dobrez do cóbado.
- De presentar algunha sintomatoloxía (febre, tos ou dificultade respiratoria) evitar o contacto con outras persoas.