ACTUALIZACIÓN DATOS COVID-19
Hoxe, 13 de decembro, o número de casos activos por coronavirus no Concello de Coristanco sitúase en 16 (8 menos ca onte).
O cumprimento das medidas sanitarias é de primordial importancia para que os datos continúen baixando. É unha responsabilidade individual, que todas e todos debemos ter presente nas nosas actuacións diarias. Lembra algunhas das medidas de prevención e recomendacións fronte o risco de transmisión de SARS-COV-2 mediante aerosois:
-USO DE MÁSCARA: O uso de máscara é unha medida moi efectiva para limitar a emisión de bioaerosois así como evitar a inhalación dos mesmos.
-MANTER A DISTANCIA INTERPERSOAL: O risco de transmisión redúcese considerablemente a maior distancia.
-REDUCIR A EMISIÓN DE AEROSOIS: Diminuír o ton de voz, evitar berrar.
-Realizar ao AIRE LIBRE o maior número de actividades posibles.
-EVITAR no posible os ambientes interiores concorridos e mal ventilados.
-REDUCIR o tempo de permanencia en ambientes interiores.
Ningunha actuación por si soa é perfecta para previr a infección. Son as estratexias de actuación combinadas as que reducen eficazmente o risco de infección.