O día de onte, o Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples acolleu a actuación  de Paco Nogueiras co seu espectáculo “Brinca vai de aquí a acolá”. Brinca vai, como el mesmo o define, un camiño cheo de pasos grandes, pasos pequeneiros, chimpos e risos, notas, bailes, melodías e, sobre todo, xogos. Sempre é un pracer contar coa súa colaboración, entoar as súas cancións e bailar aínda que sexa dende o recuncho da nosa butaca. Brinca vai, No samaín, Rap do Magosto, Cos pés na terra, o entroido move o corpo… con todas elas, se nos fixo difícil manternos sentados.
Recorda, para máis información contacta connosco:
Tlf: 651.66.49.08
biblioteca@coristanco.gal