Extraescolares Xermolar 2025

 

PROGRAMA XERMOLAR | XA DISPONIBLE A LISTAXE DEFINITIVA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2025

O Concello de Coristanco informa que xa está publicada a listaxe definitiva de admitidos nas actividades extraescolares do Programa Xermolar 2025.

As actividades inclúen:
🔸 Multideporte
🔸 Inglés
🔸 Ciencia
🔸 Baloncesto
🔸 Cociña
🔸 Duatlón
🔸 Judo
🔸 Informática
🔸 Robótica
🔸 Lectoescritura
🔸 Cross Kids
🔸 Pequemosicidade

> A listaxe pode consultarse no taboleiro de anuncios, na web municipal ou ben a través da seguinte ligazón AQUÍ

🔍 Obxectivos das actividades extraescolares

Coa programación destas actividades, o Concello de Coristanco busca favorecer o desenvolvemento integral dos nenos e nenas, ofrecendo espazos seguros e enriquecedores onde poidan estimular a súa creatividade, fomentar hábitos saudables, potenciar a aprendizaxe lúdica e descubrir novas vocacións a través do xogo, o deporte, a tecnoloxía e a expresión persoal.