Por Decreto de Alcaldía nº 704/2025 de data 11/08/2025 aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria do proceso de selección por concurso-oposición para cubrir unha praza de traballador/a social, funcionario/a interino/a por acumulación de tarefas para o Concello de Coristanco.

Unha vez rematado o prazo para a presentación de emendas, por Decreto de Alcaldía nº 758/2025 de data 01/09/2025 apróbase a listaxe definitiva de aspirantes admitidos a realizar o proceso, noméanse os membros do tribunal e convócanse estes para o día 02/09/2025. O 02/09/2025 non se acada o quórum requirido para a constitución do tribunal cualificador, pospoñendo a valoración da fase de concurso para o día 04/09/2025 as 11:30h no Salón de Plenos do Concello de Coristanco para proceder ao cómputo dos méritos que conforman a fase de concurso deste proceso.

VER RESOLUCIÓN AQUÍ