No DOG do 22 de Marzo de 2020 publicouse o acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) como consecuencia da evolución do Coronavirus COVID-19, no cal se expón:
- A composición do Cecop
- A Constitución de postos de mano avanzados provinciais
- Medidas de suspensión da apertura ao público de determinadas actividades (establecementos de logopedia, podoloxía e fisioterapia)
- Solicitude de desinfección coa colaboración da UME
- O Instituto Galego da Vivenda e Solo non presentará ao cobramento mediante domiciliación nin exixirá o pagamento inmediato dos recibos do alugamento das vivendas de promoción pública e dos locais comerciais da súa titularidade correspondentes ao mes de abril de 2020.
- O Instituto Galego da Vivenda e Solo adoptará as medidas oportunas para posibilitar que a axuda concedida ao abeiro do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero poida alcanzar a totalidade da renda que teñen que pagar as persoas beneficiarias dos programas no vindeiro mes de abril de 2020.
- Restrición da actividade cinexética
- Suspensión da actividade da Inspección Técnica de Vehículos
- Condicións de utilización dos medios de transporte marítimo de viaxeiros que se desenvolva en augas interiores de Galicia
- Medidas para a aplicación da Orde SND/257/2020, do 19 de marzo, pola que se declara a suspensión de apertura ao público de establecementos de aloxamento turístico, de acordo co artigo 10.6 do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19
- Aclaración sobre desprazamentos desde ou ao lugar de traballo:O número de persoas que compartan vehículo non poderá superar o número seguinte:
- 2 persoas para vehículos cunha ocupación máxima de 5 persoas.
- 3 persoas para vehículos cunha ocupación máxima de 7 persoas.
- 4 persoas para vehículos cunha ocupación máxima de 9 persoas.
- 30 % da súa ocupación para vehículos cunha ocupación superior a 9 persoas.
Pode consultar o contido completo do acordo no DOG, do 22 de marzo de 2020:
http://www.fegamp.gal/sites/default/files/infocorona/200322_medidas_cecop_-_dog_56.pdf