![](https://www.coristanco.gal/wp-content/uploads/2024/09/axudas-escolarizacion-Post-de-Facebook-cuadrado-1024x1024.jpg)
Aberto o prazo para solicitar as AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN do Concello de Coristanco. Poderán ser beneficiarios/as todos/as os/as escolares que durante o ano 2024-2025, cursen estudos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria nos Centros de Ensino Público no termo municipal de Coristanco, que formen parte de unidades familiares que se atopen incluídos en programas de intervención familiar dos Servizos Sociais municipais ou que, non estando inicialmente incluídos nestes programas, os ingresos das súas unidades familiares non superen as cantidades que se recollen na táboa da base terceira das presentes bases.
Prazos: do 26 de setembro ao 9 de outubro.