Coristanco, 16 de setembro do 2014. A Concellería de Deportes de Coristanco iniciará o 6 de outubro os cursos de ximnasia de mantemento para maiores, unha actividade na que veñen participando nos últimos anos arredor de 150 mulleres e homes de idades comprendidas entre os 60 e os 85 anos. O prazo de inscrición xa está aberto. Os interesad@s poden anotarse no edificio de servicios múltiples ou a través do número de teléfono 981 733 280.
Os lugares e os horarios de celebración dos cursos son os seguintes:
Erbecedo (local social): luns e mércores de 10.00 a 11.00 e de 11.00 a 12.00 horas.
Couso (local social): martes e xoves de 11.00 a 12.00 horas
Rececinde (local social): martes e xoves de 10.00 a 10.45 horas
Oca (local social): mércores e venres de 10.00 a 10.45 horas
Cuns (local social): martes e xoves de 09.45 a 10.45 horas
Coristanco (pavillón municipal): luns e xoves de 18.00 a 19.00 horas
Agualada (local social): luns e mércores de 16.15 a 17.00 horas.