Xa está aberto o prazo de inscrición para o programa de envellecemento activo promovido polo Concello de Coristanco para as veciñas e veciños maiores de 55 anos. Este ano as actividades están moi relacionadas coas técnicas e as habilidades manuais, xa que haberá un obradoiro de manualidades e outro de pintura e debuxo, que se desenvolverán ao longo dos meses de maio, xuño, setembro e outubro.
Os veciños e as veciñas de Coristanco que queiran participar só teñen que inscribirse antes do día 30 deste mes de abril no edificio de servizos múltiples ou chamando ao número de teléfono 981 733 280. A presentación do programa terá lugar o martes 5 de maio, ás 17 horas, no mesmo edificio.