Ata o 5 de outubro está aberto o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais de Coristanco, que este curso inclúen fútbol sala, voleibou, tenis, badminton, baloncesto, campo a través e multideporte. As actividades van dirixidas a nenas e nenos nados entre os anos 2002 e 2007. As familias interesadas poden reservar praza no edificio de servizos múltiples, en horario de 9 a 14. Só terán que cubrir a ficha de inscrición que pode descargar nesta mesma nova e achegar unha foto tamaño carné. As actividades comezarán o 6 de outubro sempre e cando se acade un número mínimo de oito participantes.