Ata o 31 deste mes de outubro estará aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro de Compostaxe e Agricultura Ecolóxica que se levará a cabo en Coristanco do 4 ao 27 de novembro. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. As persoas interesadas poden informarse na casa do Concello ou chamando ao 981 733 001.
Os/as asistentes ao curso adquirirán os coñecementos básicos sobre a compostaxe, que se pretende impulsar dende o Concello de Coristanco como unha fórmula idónea para reducir os residuos, abaratar os custos de transporte do lixo, promover o uso do compost de calidade fronte a outros fertilizantes e sensibilizar á poboación sobre os problemas da xestión dos residuos.
No que respecta á agricultura ecolóxica, no curso abordarase dende o marco legal ata a aplicación práctica no cultivo de hortalizas. Os obxectivos están moi relacionados co apartado interior, xa que se pretende fomentar o uso de fertilizantes e pesticidas ecolóxicos, mellorar a calidade dos produtos de horta e reducir a contaminación.
Consulta aquí o programa: