📢A Consellería de Política Social, a través da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta un Plan de formación conxunto para a mocidade e as persoas voluntarias de Galicia coa finalidade de ofrecer opcións de formación en materia de voluntariado e de educación non formal durante esta situación de crise sanitaria provocada polo Covid-19.
 
📌 O Plan está conformado por 18 cursos en liña, cun total de 1.250 prazas
 
📆Prazo de inscrición empeza hoxe (8 de abril) e permanecerá aberto ata o 13 de abril, salvo esgotamento de prazas. Se nalgún curso houbese prazas abertas máis alá do 13 de abril, a inscrición permanecería aberta ata dous días antes de que comece o dito curso.
 
📌Poderanse apuntar aos cursos persoas maiores de 16 anos. No caso concreto dos de xuventude, a oferta diríxese a persoas mozas de 16 a 35 anos.
 
 
✏️Os formularios de inscrición estarán dispoñibles na páxina web de Voluntariado Galego 👇 : http://www.voluntariadogalego.org/campusonline/web/index.php?mod=not&ide=3302