![](https://www.coristanco.gal/wp-content/uploads/2014/10/CARTEL-SAMAIN-REDUCIDO.jpg)
O Samaín chega a Coristanco. Todos os nenos e nenas están convidados a recibilo cunha gran festa que se celebrará mañá venres, día 31, na ludoteca municipal (edificio de servizos múltiples). Durante toda a mañá, de 9 a 14 horas, haberá xogos e sorpresas para os cativ@s, que tamén poderán disfrazarse e pasar polo taller de maquillaxe para celebrar a Festa do Samaín completamente caracterizados.