Dende o Concello de Coristanco queremos agradecer a participación na Gran Recollida e felicitar a todos/as aqueles/as que interviron nesta campaña.

Grazas á participación de tantas persoas, o noso municipio logrou acadar 3.480kg de alimentos, superando con creces o noso obxectivo inicial. Grazas a todos/as os/as voluntarios/as que nos acompañaron e traballaron para lograr acadar esta axuda para os máis desfavorecidos, a Carrefour Coristanco pola súa dispoñibilidade e cesión de espazos, a Protección Civil Coristanco por coordinar todos estes labores e, sin dúbida, a todas aquelas persoas que se achegaron a traer as súas doazóns.