Onte, xoves 8 de outubro, tivemos a sorte de poder contar coas artistas Gloria Mosquera e Tomi López da compañía Mamá Cabra co espectáculo Patrimonio Natural, que deleitou coa súa música e esa infografía da fermosa fraga.
“A fraga do meu avó ” está en Santa María de Vigo, en Cambre, e para que se coñeza a súa historia naceu este proxecto baseado no libro con varios contos e moitas cancións que a tarde de onte puidemos gozar.