EDUCACIÓN | a Escola Infantil de CORISTANCO permanecerá pechada durante o mes de agosto.
As persoas que desexen presentar a súa solicitude de praza de novo ingreso (código de procedemento BS404A) para a baremación no proceso extraordinario de setembro (artigo 20.3 RRI), poderán facelo a través da Sede electrónica AQUÍ ou no REXISTRO DO CONCELLO DE CORISTANCO sito na rúa Avenida de Fisterra no 112 en aplicación do previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
O prazo para a súa presentación rematará o 31 de agosto de 2024 (artigo 20.3 RRI).
Os impresos para a formalización da preinscrición así como a documentación que debe achegarse están dispoñibles nos enderezos electrónicos de https://sede.xunta.gal, http://politicasocial.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org