Coincidindo coa celebración do Día da Muller do Rural, Coristanco anuncia a súa participación na iniciativa “A Costa das Mulleres”. Este proxecto busca a reflexión colectiva sobre o pasado, presente e futuro da muller na nosa comarca a través do testemuño e traxectoria dunhas protagonistas da vida da Costa da Morte. “Un percorrido polas vivencias das mulleres da Costa da Morte, os seus retos, as súas dificultades”.

Tratase dunha iniciativa impulsada pola Asociación GDR Costa da Morte, composta por 17 concellos.

Invitámosvos a que esteades atentos a presentación do documental froito deste traballo que se estreará o vindeiro novembro.