PRESENTACIÓN CARTEL E PROGRAMA DA XL FESTA DA PATACA

Aquí vos presentamos o cartel e programa dos diferentes actos e actividades que se desenvolverán en Coristanco como conmemoración desta xa 40 edición da Festa da Pataca. VER PROGRAMA Os vindeiros 16, 17 e 18 de setembro, esperamos que as rúas se enchan de algarabía e gastronomía, de ledicia e agarimo cara ó noso produto.

Recordo da Festa da Pataca

  Eloy e Iria tamén quixeron participar neste recordo da Festa da Pataca preparando os seus tractores engalanados para un desfile moi peculiar polo corredor da súa casa. Grazas a ámbolos dous por participar e facernos chegar estas elaboradas figuras feitas con patacas. Recorda que se queres enviarnos material aínda estás a tempo. As canles son as seguintes: Mensaxe por facebook. Correo electrónico: biblioteca@coristanco.gal Tlf:…

Fermoso cadro por artista local Loli España en homenaxe e tributo a Festa da Pataca

  A artista local Loli España tamén se quixo sumar á homenaxe e tributo á Festa da Pataca con este fermoso cadro. Recorda, co cancelo #apatacadecoristancoresiste pretendemos recompilar material para o recordo deste ano 2020. Se queres participar contacta con nós polas seguintes canles: Mensaxe á páxina de Facebook. Por correo electrónico: biblioteca@coristanco.gal WhatsApp ao teléfono 665 29 41 94 Entrega na Biblioteca Municipal de…

Festa da pataca 2020

Nestes momentos deberíamos estar festexando a nosa festa, o noso produto unidos coas nosas xentes e con todos aqueles que ano tras ano acudían a Coristanco celebrar a Festa da Pataca. Unha festa que tivo que adaptarse a esta nova etapa, moito menos física pero, por esas mesmas circunstancias, moito máis emocional e profunda. Dende o Concello de Coristanco quixemos conmemorar este día co recordo de tempos…

Pequena homenaxe aos inicios da Festa da Pataca

. Unha pequena homenaxe aos inicios da Festa da Pataca. Este ano estariamos festexando a nosa 40º Edición. Unha mostra do tan presentes que seguimos tendo as tradicións nas nosas festas populares. #apatacadecoristancoresiste Seguro que gardas algunha destas imaxes antigas dos festexos da Festa da Pataca que desexas compartir. Para iso poñemos a túa disposición as seguintes canles para o envío de material. Mensaxe a…

Álbum do recordo para paliar a falta de celebracións e actos do que sería a nosa 40º Edición da Festa da Pataca

Estes próximos días de setembro serán moi estraños e atípicos. Nestas datas, Coristanco estaría gozando dos últimos preparativos para os seus grandes días e degustando o noso produto nos establecementos locais. Non cabe dúbida algunha que as nosas rúas botarán en falta o desfile de tractores engalanados, os xogos populares, a gastronomía, as actuacións, a música e a algarabía que puidemos desfrutar en pasadas edicións…