O vindeiro 8 de novembro, Coristanco acollerá a seguinte parada do 9 OUTONO EN MARCHA, proxecto desarrollado pola Asociación Ambiental Senda Nova.
Trátase do roteiro VÍA ALCAIANUS que segue as pegadas dos camiños histíoricos dende a meseta do xallas ata Carballo. Os obxetivos principais que segue esta asociación son a protección e posta en valor do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico nas comarcas de Bergantiños, Soneira e Ordes.
A lagoa de Alcaián é un dos máis importantes humidais de Bergantiños e tamén o inicio desta vía que pretende seguir os pasos dos camiños antigos, posiblemente de orixe romano. A ponte Lubián é un dos puntos estratéxicos dunha senda con continuo desnivel negativo que atravesa castros, pazos e fermosas corredoiras antigas enmarcadas con especies autóctonas. Camiños cheos de historia que entran na capital bergantiñá dende o berce da mesma vila.
Para participar en dito roteiro será preciso a previa inscrición que poderán realizar na Biblioteca de Coristanco.
Para máis información, podes contactar polas seguintes canles:
Teléfono: 651.66.49.08
Senda Nova tamén pon a túa disposición información máis específica da ruta no seguinte enlace: