Dende o Consistorio queremos conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Este ano, a situación sanitaria e as medidas de prevención ante o Covid-19 obríganos a realizar a lectura do Manifesto dun xeito diferente.
“O 8 de marzo conmemoramos, dende o século XIX, o Día Internacional da Muller, unha data que se celebra en todo o mundo para recordar a loita da muller por participar na sociedade en igualdade.
Dende o Concello de Coristanco nesta data, queremos manifestar o noso compromiso para a plena integración das mulleres en todas as esferas da sociedade como parte esencial do engrenaxe social, cultural e económico do noso pobo.
Queremos encomiar o labor de todas as mulleres, coñecidas e anónimas, que ao longo da historia loitaron para acadar a igualdade e que todas tiveramos as mesmas posibilidades; mulleres que loitan día a día para alcanzar unha realidade para que todos gocemos dos mesmos dereitos.
Grazas a todas as que abriron camiño, perseveraron pese aos envites e as pioneiras que pugnaron para conseguir a autonomía e así decidir polas súas vidas; hoxe avanzamos cara unha cultura social contra a desigualdade e o machismo.
Pese aos logros obtidos, queda moito por facer; polas de antes, as de agora e as do futuro. Polo inmenso valor do legado herdado.