O 8 de marzo, “Día Internacional das Mulleres”, conmemórase a loita das mulleres pola igualdade, o recoñecemento e o exercicio efectivo dos seus dereitos.

Con este motivo e co obxectivo de conseguir unha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes nace o proxecto “Chanzo a chanzo cara a igualdade” promovido polo Concello de Coristanco. Convidámolos a participar nesta iniciativa con diversas actividades que se desenvolverán durante o 8 e o 12 de marzo.

🟣8 DE MARZO (17h)- EDIFICIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES
➡️Presentación proxecto “Chanzo a chanzo cara a igualdade”
➡️Proxección “Rosalía feminista”
➡️Presentación “Pioneiras 2022”
➡️Inauguración Xardín Vertical “Chanzo a chanzo cara a igualdade”
➡️Lectura manifesto
➡️Actuación: música, folclore e tradición.
➡️Inauguración da Exposición “O encomio da muller de Coristanco”

🟣12 DE MARZO (10h)- ANDAINA POLA IGUALDADE (Saída do Edificio de Servizos Múltiples)
Dificultade: Baixa
Duración: 2h aprox.
* Necesaria previa Inscrición: Tlf. 665 294 194

Todas estas actividades están financiadas con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.