O actual teléfono do voluntariado 📞(900 400 800) 📞, dependente da Consellería de Política Social, refórzase tamén como un teléfono social, para proporcionar acompañamento e apoio aos cidadáns que o precisen, priorizando aquelas chamadas que alerten de situacións de vulnerabilidade ou emerxencia social.

Os obxectivos deste teléfono son:
• Resolver dúbidas básicas relacionadas co  🦠 COVID-19, tal e como vén facendo o teléfono do 012.
• Prestar apoio psicolóxico
• Crear unha lista de voluntariado coordinada pola Consellería de Política Social.

O horario deste servizo é de 🕗 8.00 a 20.00 horas os sete días da semana.