Situación

O concello de Coristanco está situado ó oeste de Galicia e da provincia da Coruña, da que forma parte.Limita polo norte cos concellos de Ponteceso e Carballo, polo leste, cos de Carballo e Tordoia, polo sur co concello de Santa Comba, e polo oeste, cos de Zas e Cabana.

Coristanco pertence a comarca de Bergantiños e conta con quince parroquias: Agualada, Creo, Coristanco, Couso, Cuns, Erbecedo, Ferreira, Oca, San Xusto, Santa Baia de Castro, Seavia, Traba, Valenza, Verdes e Xaviña. A capital do concello está situada en San Roque.

A nosa situación xeográfica é: latitude, 43º 11´, Norte e a lonxitude de 8º43´7, Oeste, tendo unha altitude de 140 metros sobre o nivel do mar. O río mais importante é o Anllóns, cos seus afluentes: Balsa, Gatos,Grela, Mela, Vado e Lubián. As elevacións mais destacadas son O Castelo, 569 metros, Picotos, 490 metros, e Portada, 482 metros.

 

Coristanco en datos

O concello de Coristanco conta cunha poboación de 6.875 habitantes, dos cales 3.289 son homes e 3.586 son mulleres. Segundo o censo do Instituto Nacional de Estadística do ano 2013 a maioría dos coristanqueses sitúanse na franxe comprendida entre os 16 e os 64 anos, sumando 4.150 habitantes. Na franxa entre 0 a 15 anos hai 658 veciños e na de 65 adiante son 2.067.

A idade media está nos 49,9 anos, sendo a que corresponde as mulleres mais alta(51,5) que a dos homes(48,2).

O noso termo municipal conta con 225 explotacións de gando bovino cunhas 4.454 cabezas(datos 2012). A renda bruta dispoñible por habitante é de 12.213 euros(IGE 2009). En marzo de 2014 había 2.042 persoas en alta laboral, das cales unha grande maioría están vencellados ao sector servizos(961) por diante da industria(440), construcción(366) e agricultura e pesca(269).

O concello está gobernado polo Partido Popular sendo alcalde don Antonio Pensado Plágaro. Froito das últimas eleccións municipais de 2011 tamén contan con representación na corporación local, Terra Galega, BNG e PSOE. Nestes comicios houbo unha participación dun 80,8%.

Resultados eleccións municipais 2011

Partido Popular – 2.693 votos – 53,04%- 7 concelleiros.
Terra Galega     – 1.392 votos- 27,42% – 4 concelleiros.
BNG                   –   501 votos – 9,87% – 1 concelleiro.
PSdeG-PSOE     –   447 votos- 8,8%   –   1 concelleiro.