O escudo

O escudo concello de Coristanco foi aprobado polo decreto 263/1985 da Xunta de Galicia, e publicado no Diario Oficial de Galicia(DOGA número245) do 21 de decembro de 1985.

As súas características son as seguintes:

“De azur, unha torre de ouro, aclarada de gules, acompañada de dúas vieiras de prata, unha en cada flanco, e dunha ponte de tres arcos, de ouro, posto en punta e sostido dun faixado, ondeado de prata e azur. O timbre, coroa real pechada”

No escudo do concello apréciase no centro superior a Torre de Nogueira, acompañada por dúas vieiras xacobeas, e mais abaixo a Ponte Lubiáns. Nos informes da xunta da Real Academia da Historia, que apoiou este escudo dictamínase que o deseño do escudo responde a que “a organización heráldica parece acertada, aínda que con certa semellanza a algunha outra galaica, aplicable dada a similitude de circunstancias locais. Aquí represéntase a Torre de Nogueira e a Ponte Lubián e engádense dúas vieiras xacobeas” tal e como sinala o académico e historiador Dalmiro de la Válgoma.

O escudo do concello de Coristanco é da autoría do heraldista Jaime Bugallal y Vela, que o confeccionou no verán de 1984.