Kedada BTT Coristanco o 19 de marzo
Chega a primavera e con ela o bo tempo para practicar deporte o aire libre, e para animar a facelo, a Concellaría de Xuventude e Deporte organiza unha Quedada BTT para toda a familia, onde poden participar nenos e adultos facendo un percorrido de aproximadamente 20 km por distintos camiños do concello.
A actividade levarase a cabo o sábado 19 de marzo, con saída as 16:00 horas da praza do concello. Para participar non é necesaria inscripción, basta con achegarse a hora da saída. Información na oficina de deportes ou no tlf 608373201
Print

 

Categorías: Cultura, Deporte, Novas