Anuncio consulta pública da Ordenanza Municipal de Emerxencia Social do Concello de Coristanco

ANUNCIO

Conforme ao artigo 133 da Lei 39/2015 do 1 de Outubro, do Procedemento Administrativo
Común das Administracións Públicas, establecese un prazo de 15 días a partir do día
seguinte da publicación deste anuncio para a consulta pública a través do portal web do
Concello de Coristanco, na que se recabará a opinión dos suxeitos e das organizacións
mais representativas potencialmente afectados pola Ordenanza Municipal de Emerxencia
Social que se ten previsto elaborar no Concello. Poderanse realizar aportacións e
suxestións a través do rexistro presencial do Concello ou calquera dos medios
establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de Outubro, do Procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas, acerca de:
a) Os problemas que se pretenden solucionar ca iniciativa.
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
c) Os obxectivos da norma.
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

 

Ficheiros descargables:

 

PDF_Logo

Anuncio Consulta Pública

PDF_Logo

Informe Xustificativo Servizos Sociais

> Plan Anual Normativo
Publicado no Portal de Transparencia do Concello de Coristanco.

Categorías: Novas